Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Luns, 13 de xaneiro de 2014 Páx. 1387

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (876/2010).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de seguridade social 876/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Luis Tubío Collazo contra a empresa Multiser Somar, S.L., Cometa Barbanza, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social, Mutua Universal Mugenat de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxo ditame expresa:

Que estimando integramente a demanda interposta por José Luis Tubío Collazo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Mutua Universal Mugenat Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridad Social número 10, Multiser Somar, S.L. e Cometa Barbanza, S.L., debo declarar e declaro que a base reguladora da prestación de IT do demandante ascende a 48,67 euros diarios, e condeno as demandadas a estar e pasar pola dita declaración, e debo condenar e condeno a Multiser Somar, S.L. e a Cometa Barbanza, S.L. de forma solidaria a aboarlle ao demandante a suma de 350,61 euros en calidade de responsables directas do aboamento da prestación de IT durante os quince primeiros días da baixa, e á Mutua Universal Mugenat Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridad Social número 10 a anticiparlle ao demandante a suma de 351,60 euros en concepto de prestación de IT correspondente aos primeiros quince días de baixa, sen prexuízo do seu dereito de repetición contra as mercantís codemandadas, con responsabilidade subsidiaria do INSS para o caso de insolvencia da Mutua Universal Mugenat Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridad Social número 10.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación (artigo 191.3.c da LRXS).

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, o pronuncio, mando e asino.

E para que lles sirva de notificación ás entidades Multiser Somar, S.L. e Cometa Barbanza, S.L., actualmente en paradoiro descoñecido, insiro o presente no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2013

A secretaria xudicial