Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Luns, 13 de xaneiro de 2014 Páx. 1386

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (777/2010).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de seguridade social 777/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Construcciones La Rosaleda, S.L. contra a empresa Encofrados Cayfe, S.L., Dirección Provincial do Instituto Nacional da Seguridade Social, Julián Morato Peña, sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva di literalmente:

«Que desestimando integramente a demanda interposta polo procurador dos tribunais Sr. Regueiro Muñoz, en nome e representación de Construcciones La Rosaleda, S.L., contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Julián Morato Peña e Encofrados Cayfe, S.L., debo absolver e absolvo as demandadas de todas as peticións deducidas na súa contra.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación».

E para que sirva de notificación en legal forma a Encofrados Cayfe, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2013

A secretaria xudicial