De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 112, do 14 de xaneiro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao denunciado cuxos datos persoais e último domicilio coñecido no anexo se mencionan, mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, a resolución do procedemento administrativo sancionador por infracción da Lei 2/2011, do 5 de setembro (BOE nº 253, do 20 de outubro), de portos do Estado e da mariña mercante, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos, aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos.
O órgano competente para a resolución do expediente, de acordo coa tipificación e contía da sanción e en virtude do disposto no artigo 39.1º a) do Decreto 227/1995, do 20 de xullo (DOG nº 146, do 1 de agosto), é o director do ente público.
Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante o Consello de Administración do ente público Portos de Galicia (artigo 107 en relación co artigo 114 da Lei 30/1992). O prazo para a súa interposición será dun mes (artigo 115 da Lei 30/1992).
Transcorrido o dito prazo, a resolución sancionadora devirá firme e executiva e poderá facerse efectiva en período voluntario o importe da sanción, dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria (BOE nº 302, do 18 de decembro), mediante ingreso empregando o modelo impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia. De non efectuarse o ingreso no devandito prazo, procederase á súa exacción por vía executiva.
E para que conste e lles sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo a presente cédula.
Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2013
José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia
ANEXO
Expediente Denunciante |
Denunciado Último enderezo coñecido |
Feito denunciado Data-hora-porto |
Precepto infrinxido |
Precepto sancionador |
Sanción proposta |
Sanc. 13-30-13-36 Celador do porto |
Jorge Villegas Ortiz R/ Rigoberta Menchú, 66, 1º C, 09200 Miranda de Ebro (Burgos) |
Danos en dominio público portuario. 15.10.2012; 11.00 horas; A Guarda (Pontevedra) |
Artigo 306.1.j) do Real decreto lexislativo 2/2011 TRLPEMM |
Artigo 312 do Real decreto lexislativo 2/2011 TRLPEMM |
125,15 € |