Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Venres, 10 de xaneiro de 2014 Páx. 1211

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 7 de xaneiro de 2014 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo para a realización de enquisas, estudos e informes do Observatorio da Sociedade da Información de Galicia (Osimga) (expediente 05/2014).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 05/2014.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizo para a obtención de datos e a realización dos informes e diagnoses correspondentes incluídos nos distintos proxectos técnicos da sociedade da información do Plan galego de estatística e no seus programas estatísticos anuais.

En concreto, a obtención de datos e a realización dos informes e diagnoses correspondentes incluídos nos distintos proxectos técnicos da sociedade da información do Plan galego de estatística e nos seus programas estatísticos anuais «41_101 Sistema de indicadores da sociedade da información de Galicia», «41_201 Enquisa ás empresas TIC» e «41_302 A eAdministración nos concellos de Galicia», que se plasmarán en catro ámbitos:

a. A sociedade da información nas empresas de Galicia (edicións 2014-2015).

b. A sociedade da información nas empresas TIC (edición 2015).

c. A sociedade da información nos fogares galegos (edición 2013-2014).

d. A Administración electrónica nos concellos de Galicia (edición 2013).

b) División por lotes e número: non.

c) Prazo de execución: o prazo de execución para a prestación do servizo obxecto do presente contrato será de 22 meses contados a partir da data de formalización do contrato. Antes da súa finalización, este contrato poderase prorrogar por mutuo acordo das partes por un prazo igual ou inferior ao fixado orixinariamente.

d) Admisión de prórroga: si.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 89.870,00 € máis 18.872,70 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 108.742,70 €, que se distribuirán nas seguintes anualidades:

• 2014: 40.850,00 € + IVE (8.578,50 €) = 49.428,50 €.

• 2015: 49.020,00 € + IVE (10.294,20 €) = 59.314,20 €.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención da documentación e da información:

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dirección: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20064

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia e clasificación: véxase a letra N) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día que resulte de contar quince (15) días naturais a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o día de finalización do prazo fose festivo ou inhábil, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Entidade: Rexistro da Amtega.

2º. Dirección: Centro de Innovación Cultural e Modernización Tecnolóxica de Galicia, Cidade da Cultura de Galicia, Monte Gaiás, s/n.

3º. Localidade e código postal: 15781, Santiago de Compostela.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no número 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas:

O lugar, día e hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicaranse no perfil de contratante.

10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na letra K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2014

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia