Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Xoves, 9 de xaneiro de 2014 Páx. 878

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (694/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que nos autos 694/2012 se ditou sentenza número 304, cuxo encabezamento e resolución son como seguen:

«En Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2013.

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vistos os presentes autos 694/2012, sobre reclamación de cantidade, promovidos por Marcos Ares Ramos, asistido polo letrado Evaristo Corujo Martínez, contra Teoplac Aislamientos, S.L., que non comparece, María Vidal Botana, que comparece asistida polo graduado social Javier Castro, e Fogasa, que comparece asistido e representado pola letrada do Fogasa, pronunciou a seguinte sentenza.

Resolvo que debo estimar e estimo a demanda formulada por Marcos Ares Ramos fronte a Teoplac Aislamientos, S.L. e, en consecuencia, condeno a dita empresa demandada a lle aboar ao demandante 4.435,44 euros, importe respecto do cal devindicará o xuro do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores a suma de 3.519,13 euros.

Condeno o Fogasa a se ater a esta resolución nos termos do artigo 23.6, inciso primeiro, da Lei reguladora da xurisdición social.

Considérase que a parte demandante desiste da demanda fronte a María Vidal Botana.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Teoplac Aislamientos, S.L., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2013

A secretaria xudicial