Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Xoves, 9 de xaneiro de 2014 Páx. 880

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (304/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que nos autos nº 304/2013 se ditou sentenza número 305, cuxo encabezamento e resolución son como seguen:

«Sentenza.

En Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2013.

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vistos os presentes autos nº 304/2013, sobre reclamación de cantidade, promovidos por Enrique Vilariño Feáns, asistido pola letrada Rosa Vila Amarelle, contra Moure Pan, S.L., que non comparece, e Fogasa, que non comparece, pronunciou a seguinte sentenza.

Resolvo:

Que debo estimar e estimo a demanda formulada por Enrique Vilariño Feáns fronte a Moure Pan, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento de que foi obxecto con efectos do 1 de febreiro de 2013. Considero efectuada a opción pola indemnización por imposibilidade de readmisión e declaro extinguida a relación laboral do demandante na data desta resolución, con condena a empresa demandada a lle aboar ao demandante 7.465,94 euros en concepto de indemnización. Condeno o Fogasa a se ater a esta resolución nos termos do artigo 23.6, inciso primeiro, da Lei reguladora da xurisdición social.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas, e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Moure Pan, S.L., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2013

A secretaria xudicial