Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Mércores, 8 de xaneiro de 2014 Páx. 672

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (832/2012).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 832/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Isabel Mango Carballedo contra Gatuxa, S.L., Cándido Rodríguez Eiro e Arturo Vidal Fariñas, sobre reclamación de cantidade, ditouse sentenza cuxa resolución é a seguinte:

– Que estimando a demanda presentada por Isabel Mango Carballedo, representada polo graduado social Sr. Cendán Corredoira, contra a empresa Gatuxa, S.L., que non compareceu malia estar debidamente citada, debo condenar e condeno a expresada empresa demandada a aboarlle á parte demandante a cantidade de tres mil setecentos vinte e dous euros con dezasete céntimos (3.722,17 €).

– Que desestimando a demanda presentada por Isabel Mango Carballedo, representada polo graduado social Sr. Cendán Corredoira, contra Cándido Rodríguez Eiro e Arturo Vidal Fariñas, os cales non compareceron malia estaren debidamente citados, debo absolver e absolvo os expresados demandados dos pedimentos contidos naquela demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, coa advertencia de que, contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dentro dos cinco días seguintes ao da súa notificación, por conduto deste xulgado ante o que deberá ser anunciado tal propósito mediante comparecencia ou por escrito e cos demais requisitos exixidos nos artigos 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social.

E para que sirva de notificación en forma a Gatuxa, S.L., Cándido Rodríguez Eiro e Arturo Vidal Fariñas, en ignorado paradoiro, expido e asino o presente.

Lugo, 9 de decembro de 2013

O secretario xudicial