Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Mércores, 8 de xaneiro de 2014 Páx. 670

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1337/2012).

Número de autos: procedemento ordinario 1337/2012.

Demandante: Carlos Sánchez Calvo.

Avogado: Felipe Carlos Martínez Ramonde.

Demandados: Proyectos Deportivos Noroeste, S.L., Fondo de Garantía Salarial.

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1337/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos Sánchez Calvo contra a empresa Proyectos Deportivos Noroestes, S.L. sobre reclamación de salarios, se ditou sentenza cuxo ditame di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Carlos Sánchez Calvo contra a entidade Proyectos Deportivos Noroeste, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Proyectos Deportivos Noroeste, S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 8.715,2 brutos polos salarios devindicados entre xuño e setembro de 2012, con inclusión de pagas extras de nadal 2011 e 2012, e verán 2012, atrasos dos anos 2010 e 2011, ademais da cantidade de 1.534,59 € por axudas, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtaselle ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1 a) da Lei reguladora da xurisdición social na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado co número 47570000, código 36 e número de expediente, acreditándoo mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que lle sirva de notificación á empresa Proyectos Deportivos Noroeste, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 13 de decembro de 2013

A secretaria xudicial