Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Mércores, 8 de xaneiro de 2014 Páx. 673

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (468/2013).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 468/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Zas Oca contra a empresa Excavaciones Migasa, S.L., sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva di literalmente:

«1. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Manuel Zas Oca, asistido polo letrado Sr. Blanco Lobeiras, contra a entidade Excavaciones Migasa, S.A., e o Fondo de Garantía Salarial (en diante Fogasa), que non comparecen malia estaren debidamente citadas, sobre despedimento por causas obxectivas e, en consecuencia, declaro a nulidade do despedimento, con condena da empresa indicada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, con aboamento dos salarios de tramitación (calculados a razón de 44,77 €/día).

2. Non procede condenar nesta instancia o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do ET.

Todo iso con imposición das custas procesuais á empresa demandada.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta poderán interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación».

E para que sirva de notificación en legal forma a Excavaciones Migasa, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2013

A secretaria xudicial