Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Mércores, 8 de xaneiro de 2014 Páx. 681

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador en materia de espectáculos públicos OU-E-171/13 e outros.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles aos titulares dos establecementos que se especifican no anexo a proposta de resolución do expediente sancionador por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

A competencia para impoñer esta clase de sancións correspóndelles aos xefes territoriais da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, de conformidade co establecido no artigo 29.1.d) da Lei orgánica 1/1992, en relación co Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, e do Decreto 360/1996, do 26 de setembro, de atribución a órganos da Comunidade Autónoma de Galicia do exercicio da potestade sancionadora en materia de espectáculos públicos (DOG do 30 de setembro), e a disposición transitoria primeira do Decreto 245/2009, polo que se regulan as delegacións territoriais da Xunta de Galicia.

Infórmase de que, de conformidade co establecido no artigo 135 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e nos artigos 3, 18 e 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora (Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto), conta cun prazo de quince días hábiles contados desde a publicación para exercer perante o instrutor, o dereito de audiencia e formular alegacións, así como examinar o expediente nestas dependencias. Igualmente, poderá exercer o dereito de recusación nos casos e na forma prevista no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A tramitación do expediente realízase na oficina desta xefatura territorial de Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, sita na avda. da Habana, 79-2º, de Ourense.

Ourense, 17 de decembro de 2013

Marisol Díaz Mouteira
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Número de expediente: OU-E-171/13.

NIF: J32415192.

Denunciada: Primos Sánchez, S.C.

Enderezo: r/ Cabeza de Manzaneda, nº 3, baixo, Ourense.

Establecemento: Vagalume, r/ Cabeza de Manzaneda, nº 3, baixo, Ourense.

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei orgánica 4/1997.

Importe da sanción: 90 €.

Número de expediente: OU-E-182/13.

NIF: 76714116-P.

Denunciado: Manuel González López.

Enderezo: r/ Perfectino Viéitez, nº 7, B, O Carballiño (Ourense).

Establecemento: O Curruncho, r/ Perfectino Viéitez, nº 7, B, O Carballiño (Ourense).

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei orgánica 4/1997.

Importe da sanción: 300 €.

Número de expediente: OU-E-183/13.

NIF: 34968552-L.

Denunciado: Alberto Méndez Álvarez.

Enderezo: r/ Fermín Bouza Brey, nº 50, Cortegada (Ourense).

Establecemento: El Bus, r/ Fermín Bouza Brey, nº 50, Cortegada (Ourense).

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei orgánica 4/1997.

Importe da sanción: 120 €.

Número de expediente: OU-E-188/13.

NIF: 76716715-P.

Denunciada: Mª Anuncia Fernández Rodríguez.

Enderezo: r/ Curros Enríquez, nº 25, baixo, Xinzo de Limia (Ourense).

Establecemento: Ozono, r/ Curros Enríquez, nº 25, B, Xinzo de Limia (Ourense).

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei orgánica 4/1997.

Importe da sanción: 300 €.