Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Mércores, 8 de xaneiro de 2014 Páx. 680

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución de arquivamento da solicitude de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia do expediente OU-PF-236/2013.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo que se achega a resolución de arquivo da solicitude de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

O expediente relacionado atópase á disposición dos interesados para que, de ser o caso, poidan consultalo na citada Xefatura Territorial de Ourense, situada na avenida da Habana, nº 79, 2º, 32003 Ourense.

De acordo co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o director xeral de Xustiza, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

Ourense, 2 de decembro de 2013

Marisol Díaz Mouteira
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Número de expediente: OU-PF-236/2013.

NIF: Ver_PDF.

Interesado: Ver_PDF.

Pasaporte nº: 64Nº1909412.

Interesada: Elena Lvovna Evdokimova.

Enderezo: Rosario, 40, Alongos, Toén (Ourense).