Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Mércores, 8 de xaneiro de 2014 Páx. 683

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se dá publicidade ás autorizacións ambientais integradas outorgadas.

De conformidade coa Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE número 157, do 2 de xullo), artigo 23, número 3, as comunidades autónomas darán publicidade nos seus respectivos boletíns oficiais ás resolucións administrativas mediante as que se outorgaron, modificaron ou revisaron as autorizacións ambientais integradas.

Atendendo ao anteriormente exposto, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolve dar publicidade no DOG ás novas autorizacións ambientais integradas concedidas para as actividades industriais que se relacionan a continuación e que se poden consultar na seguinte URL:

http://www.cmati.xunta.es/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada

Ou ben nas dependencias da citada secretaría xeral, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

– Resolución do 8 de novembro de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se formula a declaración de impacto ambiental e se outorga a autorización ambiental integrada a Daxiong Spain, S.L.U., para a planta de fabricación de arame e cordón de aceiro promovida no parque empresarial de Penapurreira (As Pontes de García Rodríguez, A Coruña). Nº de rexistro AAI: 2012-IPPC-64_261.

– Resolución do 27 de novembro de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se formula a declaración de impacto ambiental e se outorga a autorización ambiental integrada para unha explotación avícola de galiñas de posta en Albarellos, no concello de Lalín (Pontevedra). Titular: Huevos de Galicia, S.L. Nº de rexistro AAI: 2011-IPPC-46_262.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2013

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental