Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Luns, 30 de decembro de 2013 Páx. 52432

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1/2013).

María Blanco Aquino, secretaria do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que ante este xulgado se tramitan autos co número P.O. 1/2013, por instancia de 'Ver PDF' contra Coruñesa de Parabrisas, S.L., Vidrio Arte Coruña, S.L., Auto Arte Galicia, S.L., Vidrio Arte Galiza, S.L., Auto Arte Coruña, S.L. e Luis Manuel García Rodellino sobre cantidade, en que no día da data se ditou auto de aclaración, cuxa parte dispositiva di textualmente:

Parte dispositiva.

Que debo rectificar a sentenza ditada nestas actuacións o pasado día 4 de outubro de 2013, no sentido fixado no fundamento de dereito segundo da presente resolución, debendo entenderse que a cantidade cuxa condena debe reflectir a resolución é a de 3.763,10 euros.

Notifíquese esta resolución ás partes, advertindo que contra ela non cabe interpor ningún recurso distinto do recurso de suplicación que, de ser o caso, se formule contra a sentenza.

Así, por este auto, o mando e asino a maxistrada xuíza Pilar Carreira Vidal. Dou fe.

Para que conste e para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa demandada Coruñesas de Parabrisas, S.L., Vidriarte Galiza, S.L., Auto Arte Coruña, S.L. e Luis Manuel García Rodellino, co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nas dependencias do xulgado agás as que sexan emprazamentos, sentenzas e autos, expido e asino este edicto.

A Coruña, 10 de outubro de 2013

María Blanco Aquino
Secretaria xudicial