Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Luns, 30 de decembro de 2013 Páx. 52433

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (270/2013).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber:

Que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 270/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Susana Posse Parada contra a empresa Penablán, S.L. e Fogasa sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son como segue:

«Sentenza 698/2013.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: resolución de contrato 270/2013.

Demandante: Susana Posse Parada.

Letrada: Sra. Villares López.

Demandada: Penablán, S.L.

Fogasa.

Letrada: Sra. Prosper Montalvo.

A Coruña, 29 de novembro de 2013.

Resolución:

– Desestimo a demanda formulada por Susana Posse Parada contra a empresa Penablán, S.L. e, en consecuencia, absólvoa dos pedimentos formulados contra ela.

– O Fogasa deberase ater a esta resolución.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.

Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino Javier López Cotelo, xuíz do Xulgado do Social de reforzo da Coruña.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna a maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e sirva de notificación a Penablán, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 29 de novembro de 2013

A secretaria xudicial