Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Luns, 30 de decembro de 2013 Páx. 52435

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1172/2011).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1172/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Moisés Queimadelos Souto contra a empresa Fondo de Garantía Salarial, Aisla-T Rey Ferreiro, S.L., se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son como segue:

«Sentenza: 652/2013.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: reclamación de cantidade 1172/2011.

Demandante: Moisés Queimadelos Souto.

Letrada: Sra. Pousada Vales.

Demandada: Aisla-T Rey Ferreiro, S.L.

Sentenza 652/2013

A Coruña, 29 de novembro de 2013

Resolvo estimar a demanda formulada por Moisés Queimadelos Souto contra a empresa Aisla-T Rey Ferreiro, S.L. e, en consecuencia, condénoa a aboarlle ao primeiro a suma de 2.938,29 euros en concepto de salarios debidos. O Fogasa deberase ater á presente resolución.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.

Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o maxistrado xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e sirva de notificación a Aisla-T Rey Ferreiro, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 29 de novembro de 2013

A secretaria xudicial