Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Luns, 30 de decembro de 2013 Páx. 52437

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1150/2011).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que no procedemento seguridade social 1150/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra a empresa Inver La Kafeita, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sobre seguridade social, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son como segue:

«Sentenza: 651/2013.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: seguridade social 1150/2011.

Demandante: Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo.

Letrado: Sr. Esteban Juega.

Demandados:

– INSS e TXSS.

Letrada: Sra. Regueira Rodríguez.

– Inver La Kafeita, S.L.

Letrado:

Sentenza 651/2013.

A Coruña, 29 de novembro de 2013.

Resolvo estimar a demanda formulada por Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo e condeno a empresa Inver La Kafeita, S.L., como responsable directa, ao aboamento dos gastos de asistencia sanitaria e pagamento delegado de incapacidade temporal prestada ao traballador José Jonathan Padrón Pérez, derivada do accidente de traballo «in itinere» acontecido o día 15 de xaneiro de 2009 en Santa Cruz de Tenerife, todo isto na contía de 1.065,91 euros, cantidade que a citada empresa debe reintegrar á mutua sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria que, de ser o caso, poida recaer no Instituto Nacional da Seguridade Social e na Tesouraría Xeral da Seguridade Social, de acordo co artigo 126 da Lei xeral da seguridade social, con exclusión das cantidades satisfeitas pola mutua en relación co pagamento delegado de prestación de incapacidade temporal, cuxa responsabilidade directa e única no seu pagamento será da empresa condenada.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas, e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra ela non se poderá interpor ningún recurso.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o maxistrado xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e sirva de notificación a Inver La Kafeita, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 29 de novembro de 2013

A secretaria xudicial