Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Luns, 30 de decembro de 2013 Páx. 52439

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (426/2013).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no procedemento despedimento obxectivo individual 426/2013 deste xulgado do Social, seguido por instancia de María Victoria Vázquez Antúnez contra a empresa Gespalia, S.L., Concurlex Abogados, S.L.P. e Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«1. Estimo a demanda sobre despedimento interposta por María Victoria Vázquez Antúnez, asistida pola letrada Sra. Vila Amarelle, contra a entidade Gespalia, S.L.(en situación de concurso voluntario de acredores, sendo administrador concursal Concurlex Abogados, S.L.P.) e Fogasa que non comparecen malia estaren debidamente citados, sobre despedimento obxectivo e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento, con condena da empresa indicada a que readmita inmediatamente a traballadora nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, coa aboamento dos salarios de tramitación, calculados a razón de 15,17 euros diarios desde a data do despedimento ata a data de notificación desta resolución, ou ben, a elección do empresario, á extinción da relación laboral, con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución.

Esta opción deberase exercer en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia antes este xulgado. Transcorrido este termo sen o empresario optar, entenderase que procede a readmisión.

2. A indemnización, segundo o disposto no número anterior, sería de 7.710,15 euros.

3. Non procede condenar nesta instancia o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes esta resolución e fágaselles saber que contra ela poderán interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma á entidade Gespalia, S.L, insiro este edicto no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2013

A secretaria xudicial