Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Luns, 30 de decembro de 2013 Páx. 52431

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1044/2011).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1044/2011 por instancia de Manuel Romero Tajes contra a empresa Reciclaxes Arenosa, S.C. e Fondo de Garantía Salarial sobre reclamación de cantidade, en que recaeu sentenza con data do 26 de novembro de 2013 que, copiada nos particulares necesarios di así:

Decido:

Desestímase a demanda interposta por Manuel Romero Tajes contra Reciclaxes Arenosa, S.C. e absólvese a esta última das pretensións dirixidas contra ela.

Notifíqueselles esta resolución ás partes

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Reciclaxes Arenosa, S.C., expido e asino este edicto.

A Coruña, 2 de decembro de 2013

A secretaria xudicial