Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Luns, 30 de decembro de 2013 Páx. 52427

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Tui

EDICTO (13/2013).

Blanca Susana Janeiro Amela, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Tui, por el presente, anuncia que neste procedemento de xuízo verbal número 13/2013, seguido por instancia de Lucía Diz Besada fronte a Jeansland, C.B. se ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Que admito a demanda interposta por Lucía Diz Besada contra a comunidade de bens Jeansland, C.B. e condeno a Jeansland, C.B., a pagar a Lucía Diz Besada o importe de 4.116 euros correspondente ás rendas non satisfeitas polo arrendamento concertado sobre o local sito na avda. da Concordia, nº 4, de Tui, así como a indemnizar a Lucía Diz Besada polos danos ocasionados no devandito local na cantidade de 6.672,58 euros.

Condeno a Jeansland, C.B., ao pagamento das custas ocasionadas nesta instancia.

Notifíquese a presente resolución ás partes, e fágaselles saber que é firme, polo que fronte a ela non cabe interpoñer recurso de apelación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas deste xulgado, deixando no procedemento testemuño bastante.

Así, por esta miña sentenza pronúncioo, mándoo e asínoo».

E ao estar o devandito demandado, Jeansland, C.B., en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Tui, 20 de novembro de 2013

A secretaria xudicial