Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Luns, 30 de decembro de 2013 Páx. 52428

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (122/2013).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fai saber que no Xulgado do Social número 1 da Coruña se ditou resolución con data do 2 de decembro de 2013, dirixida a Puertas Ramón Rama, S.L., podendo interpor o oportuno recurso de suplicación no prazo de cinco días, facéndolle saber que no citado órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto.

E para que lle sirva de notificación en forma a Puertas Ramón Rama, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentencia, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 2 de decembro de 2013

A secretaria xudicial