Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Luns, 30 de decembro de 2013 Páx. 52426

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ferrol

EDICTO (68/2013).

José Miguel Regueiro Pérez, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ferrol, polo presente, anuncio que no presente procedemento seguido por instancia de Panamá Jack, S.A., fronte a Óscar Félix García Fernández, ditouse sentenza cuxo encabezamento e decisión literalmente din:

«Decisión:

Estimo integramente a demanda presentada por Panamá Jack, S.A. contra Óscar Félix García Fernández, condenándoo a indemnizar o primeiro en:

1. A cantidade de sete mil cincocentos oitenta e dous euros con corenta e cinco céntimos (7.582,45 euros).

2. Os xuros sinalados no artigo 7 da Lei 3/2004, desde o 20 de decembro de 2011, data do vencemento da factura 1/138856.

3. Ao pagamento das custas causadas.

Contra esta sentenza pode interpoñerse recurso de apelación que se interpoñerá, perante este mesmo xulgado, no prazo de vinte días contados desde o seguinte ao da súa notificación, e do que coñecerá a Audiencia Provincial. De conformidade co disposto na disposición adicional decimoquinta da LOPX, nos seus apartados 4 e seguintes, para a interposición do dito recurso será precisa a consignación como depósito de 50 euros, cantidade que será ingresada na conta de consignacións xudiciais deste xulgado.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, o pronuncio, mando e asino».

E atopándose o dito demandado, Óscar Félix García Fernández, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Ferrol, 24 de outubro de 2013

O secretario xudicial