Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 27 de decembro de 2013 Páx. 50460

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3013/2013).

Tipo e nº de recurso: recurso suplicación 3013/2013-MJC.

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 3/2013 Xulgado do Social número 1 de Vigo.

Recurrente: Suministros y Áreas de Servicio Ploc, S.A. (Suarsesa).

Abogado: Ramón Felipe González Doniz.

Recurridos: Fogasa, María del Carmen Barcia Pino, María del Pilar Gómez Iglesias, Concepción López Carballo, Divina Pastora Presa Morgado, Begoña Suárez Alfaya, Lucía Veloso Rodríguez, Gestión y Explotación de Restaurantes 2009, S.L., Áreas, S.A.

Graduado social: Xosé Manuel Rodríguez Méndez.

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento recurso de suplicación 3013/2013 desta sección, seguido por instancia de Suministros y Áreas de Servicio Ploc, S.A. (Suarsesa) contra a empresa Fogasa, María del Carmen Barcia Pino, María del Pilar Gómez Iglesias, Concepción López Carballo, Divina Pastora Presa Morgado, Begoña Suárez Alfaya, Lucía Veloso Rodríguez, Gestión y Explotación de Restaurantes 2009, S.L., Áreas, S.A., sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

Resolvemos que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da empresa Suministros y Áreas de Servicio Ploc, S.A., contra a sentenza do 29 de abril de 2013, ditada polo Xulgado do Social número 1 de Vigo, en proceso sobre despedimento promovido por María del Carmen Barcia Pino, María del Pilar Gómez Iglesias, Concepción López Carballo, Divina Pastora Presa Morgado, Begoña Suárez Alfaya e Lucía Veloso Rodríguez, fronte ás empresas Suministros y Áreas de Servicio Ploc, S.A., Gestión y Explotación de Restaurantes, S.L. e Áreas, S.A., debemos confirmar e confirmamos a sentenza impugnada.

De acordo co disposto nos artigos 203 e 204 da Lei da xurisdición social, débese dar o destino legal aos depósitos e consignacións para recorrer efectuados pola empresa recorrente que, conforme o artigo 235.1 da Lei da xurisdición social, debe aboar os honorarios do letrado dos demandantes-impugnantes do seu recurso por importe de seiscentos euros (600 €).

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala do social dentro do improrrogable prazo dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da seguridade social, deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións desta sala, aberta en Banesto co número 1552, debendo indicar no campo concepto “Recurso”, seguida do código “35 Social Casación”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír, tras a conta referida, separados por un espazo, o código “35 Social Casación”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se corresponden a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución contra a cal se recorreu utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Advírtese a parte en ignorado paradoiro de que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a Gestión y Explotación de Restaurantes 2009, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 29 de novembro de 2013

A secretaria xudicial