Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 27 de decembro de 2013 Páx. 50458

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (850/2011).

Tipo e nº de recurso: recurso suplicación 850/2011-IP.

Xulgado de orixe/autos: demanda 1028/2009 Xulgado do Social número 3 de Pontevedra.

Recurrentes: Alfonso García López, S.A. (Conservas Pescamar).

Abogado: Emilio Carrajo Lorenzo.

Recurridos: Fogasa, Manuel Gago Caeiro, Conservas Dalcaue, S.A.

Abogado: Eduardo José Ferreiro Pérez.

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento recurso de suplicación 850/2011 desta sección, seguido por instancia de Alfonso García López, S.A. (Conservas Pescamar) contra o Fogasa,, Manuel Gago Caeiro, Conservas Dalcaue, S.A., sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución:

Dilixencia de ordenación da secretaria xudicial María Isabel Freire Corzo.

A Coruña, 29 de novembro de 2013.

Únese o anterior escrito, subscrito polo letrado Emilio Carrajo Lorenzo, en nome e representación de Alfonso García López, S.A. (Conservas Pescamar) co xustificantes de que se ingresou o importe da taxa na Axencia Tributaria, ao recurso correspondente, xunto coas súas copias.

Considérase interposto o recurso de casación para unificación de doutrina. Fórmese peza separada, que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta Sala. Emprácense as demais partes para compareceren, mediante escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días, achegando copias dese escrito e designando un domicilio para notificacións na sede da citada sala. Deberán acreditar a representación da parte se non consta previamente nas actuacións.

Unha vez verificado, remítanse as actuacións ao dito tribunal.

Enténdese que a parte recorrente compareceu de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníquese ao Xulgado do Social número 3 de Pontevedra que se recorreu en casación para unificación de doutrina contra a resolución desta sala.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que contra esta resolución non cabe ningún recurso.

Acórdoo e asínoo. Dou fe.

E para que sirva de notificación a Conservas Dalcaue, S.A.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos, sentenzas ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de novembro de 2013

A secretaria xudicial