Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 27 de decembro de 2013 Páx. 50525

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 12 de decembro de 2013 pola que se dá traslado da resolución de denegación de ampliación de prazo para a reposición da legalidade urbanística no expediente IU2/150/2010.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 7 de decembro de 2013, ditou a resolución pola que se denega a solicitude formulada por Francisco Míguez Silva de ampliación de prazo para executar a demolición das obras realizadas en solo rústico, sen autorización urbanística autonómica, consistentes na construción dunha edificación de planta baixa acaroada a un lindeiro na rúa do Embalse-Pinar do Rei, lugar de Castro de Agudín, parroquia de Cea, no termo municipal de Vilagarcía de Arousa, provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal da denegación de ampliación de prazo ao citado interesado, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a dita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a dita resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado pode interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que teña lugar a publicación desta cédula, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística