Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 27 de decembro de 2013 Páx. 50523

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 11 de decembro de 2013 pola que se notifica a imposición dunha multa coercitiva (expediente IU2/153/2010).

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 30 de setembro de 2013, unha resolución pola que se lles impón unha primeira multa coercitiva derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística número IU2/153/2010 a Carmen Morgade Paz e a José Luis Viñas Vázquez como consecuencia de incumprir o ordenado na Resolución do 20 de abril de 2012 que ordenaba a demolición dunha vivenda unifamiliar illada de 105 m2 de superficie, composta de planta semisoto, baixo e baixo cuberta, unha edificación auxiliar de planta baixa en forma de L acaroada cos lindeiros dereito e posterior do predio e lousado do chan nunha superficie de 20 m2, promovidas polos interesados na parcela con referencia catastral 36061A021006110000LX, no lugar do Monte, Deiro, no termo municipal de Vilanova de Arousa, provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle a Carmen Morgade Paz a dita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á interesada que o texto íntegro da resolución que se lle notifica esta ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, a interesada poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, significándolle que o recurso unicamente será admisible por motivos de infracción do ordenamento inherentes á imposición desta multa coercitiva, sendo motivo de inadmisión a reiteración das mesmas razóns que se esgrimiron ou puideron esgrimirse fronte á resolución da que este acordo é un mero acto de execución.

No caso de non exercer o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1º, regra terceira da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística