Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 27 de decembro de 2013 Páx. 50527

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 11 de novembro de 2013, da Xefatura da Área Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador número PO-S-42/2013 por infracción administrativa en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle á persoa, que se cita a seguir a incoación ditada pola Xefatura da Área Provincial de Pontevedra do expediente sancionador en materia de turismo número PO-S-42/2013, por infracción administrativa da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido practicar.

Concédese un prazo de quince días, de conformidade cos artigos 3.2 e 16.1 do Real decreto 1398/1993, para que o interesado presente alegacións, documentos e información que estimen convintes ou, se é o caso, propoñan probas concretando os medios das cales se pretenda valer. Expirado o prazo sen formular alegacións, este acordo considerarase proposta de resolución, de acordo co disposto no artigo 13.2 do citado real decreto.

Expediente: PO-S-42/2013.

Titular sancionado: Bienvenido López Fernández.

Establecemento: Albergue El Camino.

Enderezo: r/ Telmo Bernárdez, 11.

Concello: Redondela.

Data da incoacion: 12 de setembro de 2013.

Feitos imputados: realización de actividades e prestación de servizos turísticos sen que se presente a correspondente declaración responsable ou se obtivese a preceptiva autorización turística, de ser o caso.

Preceptos infrinxidos: artigo 35 da Lei 7/2011, do turismo de Galicia.

Sanción proposta: 3.500 euros, de conformidade co establecido no artigo 114.b) da Lei 7/2011, do turismo de Galicia.

Pontevedra, 11 de novembro de 2013

Mª Ángeles Herrero Pérez
Xefa da Área Provincial de Pontevedra