Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 24 de decembro de 2013 Páx. 49753

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (479/2013).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 479/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pilar Fachal González contra a empresa Sada Hostelería, S.L., Solventia Administradores Concursales, sobre despedimento, se ditou sentenza cuxa resolución di:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de resolución de contrato e despedimento interpuxo Pilar Fachal González contra a empresa Sada Hostelería, S.L. e a súa administración concursal e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que foi obxecto o 29 de maio de 2013 e, ademais, extinguida no día de hoxe (26 de novembro de 2013) a relación laboral que vinculaba a Pilar Fachal González coa entidade Sada Hostelería, S.L. ante os seus incumprimentos, condenando a entidade Sada Hostelería, S.L. ao aboamento dunha indemnización de 22.373,66 euros.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta en Banesto, a nome deste xulgado co número 4757 0000, código 36 e nº de expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto da condena, ou formalizar aval bancario por esa cantidade, no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista e incorporalos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

E para que lle sirva de notificación á empresa Sada Hostelería, SL, en ignorado paradoiro, expido e asino esta cédula.

A Coruña, 2 de decembro de 2013

A secretaria xudicial