Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 24 de decembro de 2013 Páx. 49755

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (167/2012).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 167/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rubén Ángel Pina Burna contra a empresa Shale Referencia, S.L.U., LTM Servicios Bibliotecarios, S.L. e Mais Interterras, S.L. sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza que di:

«Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda que en materia de cantidade interpuxo Rubén Ángel Pina Burna contra as entidades Mais Interterras, S.L., Shale Referencia, S.L.U. e LTM Servicios Bibliotecarios, S.L. e Mais Interterras, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno solidariamente as anteriores a que lle aboen ao demandante a cantidade de 2.640,52 euros brutos, polas diferenzas salariais devindicadas durante a súa relación laboral, os salarios devindicados en febreiro de 2011, parte proporcional de pagas extraordinarias e a compensación económica polas vacacións non desfrutadas no ano 2011, incrementadas co xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, de que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado, co número 47570000, código 36 e nº de expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade, obxecto de condena, ou formalizar aval bancario por esa cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporala a este xulgado co anuncio do recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación á empresa Mais Interterras, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

A Coruña, 2 de decembro de 2013

A secretaria xudicial