Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 24 de decembro de 2013 Páx. 49757

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (44/2012).

Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que na execución número 44/2012 seguida neste xulgado por instancia de José Mecías Tejo, contra Fidel Díaz Silva e Funciona Traslada, S.L. ditouse o día 4 de xullo de 2013 decreto de insolvencia que é firme no día da data, no sentido de declarar o executado Fidel Díaz Silva en situación de insolvencia total, por importe de 24.093,13 euros en concepto de principal (5.747,05 € de indemnización máis 12.000 euros de indemnización por danos e perdas, e 6.346,08 € de salarios trámite), máis 2.409,31 euros, que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, sen prexuízo de posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional, o que se fai público conforme o previsto no artigo 276.5 da Lei reguladora da xurisdición social.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2013

A secretaria xudicial