Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 24 de decembro de 2013 Páx. 49751

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (1120/2011).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1120/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Esteban Javier Seoane Pardo contra a empresa Voltaxe Noroeste, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

Decido:

1º. Que estimando a demanda formulada por Esteban Javier Seoane Pardo contra a empresa Voltaxe Noroeste, S.L., condeno a esta a aboarlle a cantidade de 16.560,03 euros, que lle debe en concepto de salarios e demais conceptos.

2º. O Fogasa deberá pasar pola presente resolución nos termos do artigo 23.6 LRXS.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030.1846) a nome deste xulgado co número 1533.0000.65.1120.11 acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co número 1533.0000.60.1120.11, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, estando celebrando audiencia pública no día da data, do que dou fe.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Voltaxe Noroeste, S.L., expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de decembro de 2013

O secretario xudicial