Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 24 de decembro de 2013 Páx. 49580

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DECRETO 184/2013, do 12 de decembro, polo que se dispón a substitución dun membro do Consello Escolar de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 6 da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, no artigo 10 do Decreto 44/1988, do 11 de febreiro, polo que se desenvolve a dita lei, no artigo 16.1.c) do Decreto 87/1992, do 26 de marzo, polo que se aproba o regulamento de réxime interno do Consello Escolar de Galicia, e atendendo á designación formalizada pola Unión Xeral de Traballadores (UGT), por proposta do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do doce de decembro de dous mil trece,

DISPOÑO:

Artigo 1

Que cese Marcelino Brea Mella como membro do Consello Escolar de Galicia, en representación das centrais sindicais máis representativas en Galicia, proposto pola Unión Xeral de Traballadores (UGT).

Artigo 2

Nomear membro do Consello Escolar de Galicia, nas condicións determinadas na Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, en representación das centrais sindicais máis representativas en Galicia, proposto pola Unión Xeral de Traballadores (UGT), a Jorge Abrahan Vila Álvarez.

Artigo 3

O mandato do novo membro será polo tempo que resta para completar o mandato da representatividade que posúe.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, doce de decembro de dous mil trece

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria