Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 24 de decembro de 2013 Páx. 49582

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2013, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 229/2013, interposto por Luís Miguel Segovia García e outros.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.O. 229/2013, interposto por Luís Miguel Segovia García, Pablo García Acuña, María José Alberte Rivera, Ramón Martín López Suevos, Ignacio Xesús López da Osa Ximenez, Iñaki Bergareche Urdampilleta, Carlos González de Andrés, José Joaquín Martel Muñoz-Cobos, Gabriel Boo Anllo, Guzmán Ouro Vilariño, Santiago Fraga Sáenz, Ramón Ignacio Sánchez Álvarez e José María Souto Silva contra a Resolución da Consellería de Facenda do 26 de xullo de 2013 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 24 de xullo de 2013, polo que se aproba a relación de postos de traballo da Consellería do Medio Rural e do Mar.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contado desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2013

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública