A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.O. 237/2013, interposto por Gustavo Rodríguez Herbón e Dolores Torres Alonso, contra a Resolución da Consellería de Facenda do 26 de xullo de 2013 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 24 de xullo de 2013, polo que se aproba a relación de postos de traballo da Consellería do Medio Rural e do Mar.
En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2013
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública