Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 24 de decembro de 2013 Páx. 49579

I. Disposicións xerais

Tribunal Constitucional

CUESTIÓN de inconstitucionalidade número 6833/2013 en relación co parágrafo primeiro do punto 1, e cos números 7 e 8 da disposición adicional sexta da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia, por posible vulneración dos artigos 149.1.6 e 18 CE, en relación cos artigos 9.3, 24.1, 106.1, 117 e 118 CE.

O Pleno do Tribunal Constitucional, por providencia do 17 de decembro actual, acordou admitir a trámite a cuestión de inconstitucionalidade número 6833/2013, promovida polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 da Coruña, no procedemento ordinario número 21/2005, en relación co parágrafo primeiro do punto 1, e cos números 7 e 8 da disposición adicional sexta da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia, por posible vulneración dos artigos 149.1.6 e 18 CE, en relación cos artigos 9.3, 24.1, 106.1, 117 e 118 CE e, de conformidade co disposto no artigo 10.1.c) da Lei orgánica do Tribunal Constitucional, atribuír á Sala Segunda, á cal lle correspondeu por quenda obxectiva, o coñecemento desta cuestión.

De conformidade co establecido no artigo 37.2 da Lei orgánica do Tribunal Constitucional, quen sexa parte no procedemento 21/2005 poderá comparecer ante este tribunal dentro dos quince días seguintes ao da publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado.

Madrid, 17 de decembro de 2013

Herminia Palencia Guerra
Secretaria de Xustiza do Pleno do Tribunal Constitucional