Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 24 de decembro de 2013 Páx. 49760

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (612/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 612/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Sande López contra a empresa Moure Pan, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, ditouse a seguinte resolución:

Decido:

Estimo a demanda sobre despedimento formulada por instancia de Manuel Sande López, representado pola letrada Sr. Castro Álvarez, contra a entidade Moure Pan, S.L. e o Fogasa, os que debidamente citados non comparecen, sobre extinción de contrato, reclamación de cantidade e despedimento obxectivo, e, en consecuencia, declaro extinguida na data da presente resolución a relación laboral existente entre o demandante e a demandada por incumprimento contractual grave imputable á demandada, e debo declarar e declaro improcedente o despedimento do demandante efectuado pola demandada con data de efectos do 2 de setembro de 2013 con declaración de extinción, así mesmo, da relación laboral polo devandito despedimento por non ser realizable a readmisión, e debo condenar e condeno a entidade demandada a que lle aboe ao demandante, coa responsabilidade subsidiaria do Fogasa, nos termos do artigo 33 do ET, a suma de 6.499,59 euros en concepto de salarios debidos, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a devandita cantidade, e a suma de 20.015,8 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación contractual na data da presente resolución.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a ela poderán interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2013

A secretaria xudicial