Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 24 de decembro de 2013 Páx. 49762

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se dispón a notificación dos acordos de iniciación de expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réximen xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícase ás persoas que a seguir se relacionan, ás cales non se lles puido facer por correo certificado, os acordos de iniciación dictados nos expedientes de sanción por infraccións en materia de espectáculos públicos cuxo número se cita no anexo.

Desígnase instrutora do expediente a María Engracia Gómez Dacal e secretario a José Luis Abelleira Fernández, que poden ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente, de darse algún suposto dos que determina o artigo 29 da Lei 30/1992.

Os interesados disporán dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta notificación, para poderen examinar o expediente no Servizo de Xestión Técnico-Administrativa e Interior desta xefatura territorial, e para presentaren por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas consideren convenientes na defensa dos seus dereitos, podendo recoñecer voluntariamente a sua responsabilidade, tal como o establece o artigo 13.d) do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

No caso de que decida non efectuar alegacións no prazo indicado, este acordo de iniciación poderá ser considerado como proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, determinándose para estos efectos o importe da sanción.

Será competente para a resolución do expediente o xefe territorial de Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza en Lugo, segundo o establecido no Decreto 227/2012, do 2 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, e o Decreto 72/2013, do 25 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Lugo, 2 de decembro de 2013

José Manuel Rozas Bello
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nome

DNI/NIF

Nº expt.

Precepto infrinxido

Último domicilio

Posible sanción

Cafetería El patio

X-1932711-K

LU-E 193/13

26.e) LO 1/1992

Avenida Fontiñas, nº 308, baixo, Lugo

Ata 60 €

Dobara, S.L.

B-27102979

LU-E 195/13

26.e) LO 1/1992

R/ Clérigos, nº 17, baixo, Lugo

Ata 300 €

José Marcos García Fernández

33857779

LU-E 197/13

26.e) LO 1/1992

Louzaneta, nº 47, Lugo

Ata 300 €

Contrafuerte, S.L.

B-27024454

LU-E 198/13

26.e) LO 1/1992

R/ Camiño Real, 72-74, 4º A, Lugo

Ata 150 €

Teatro, C.B

E-27292382

LU-E 199/13

26.e) LO 1/1992

Louzaneta, nº 47, Lugo

Ata 300 €

Noldorin, S.L.

B-27435973

LU-E 202/13

26.e) LO 1/1992

R/ Marina Española, nº 1, Lugo

Ata 90 €

Manuel Rodríguez Fernández

34637969

LU-E 203/13

26.e) LO 1/1992

Paseo de Colón, nº 5, bloque 1, 5º-F, Foz

Ata 300 €

Terra Meiga, C.B.

E-27444884

LU-E 204/13

26.e) LO 1/1992

Urbanización As Lagoas, baixo 4, torre F, Foz

Ata 90 €

Manuel Rodríguez Fernández

34637969

LU-E 206/13

26.d) LO 1/1992

Paseo de Colón, nº 5, bloque 1, 5º-F, Foz

Ata 90 €

Pedro Jesús Cruz Santamaría

33556541

LU-E 207/13

26.e) LO 1/1992

R/ Río Sil, nº 37-4º B, Lugo

Ata 90 €

Pedro Jesús Cruz Santamaría

33556541

LU-E 208/13

26.e) LO 1/1992

R/ Río Sil, nº 37-4º B, Lugo

Ata 150 €