Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 24 de decembro de 2013 Páx. 49791

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 3 de decembro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores na orde social RL 2013/484-1 e RL 2013/485-1.

Intentada a notificación por correo certificado aos titulares das empresas que se indican a continuación sen que fose posible, por medio desta cédula e de conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, notifícaselles a resolución recaída nos expedientes sancionadores correspondentes. Faiselles saber que no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderán interpoñer recurso de alzada ante o director xeral de Traballo e Economía Social, advertíndolles que, de non ser interposto en tempo e forma, deberán aboar a multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderá solicitar na propia Xefatura Territorial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

– Expediente: RL 2013/484-1.

Acta Inf.: I152013000101992.

Empresa: Tortoni, S.L.

NIF: B15640154.

Enderezo: rúa Cabo Santiago Gómez 8, 15004 A Coruña.

Materia: traballo (deficiencias graves en materia laboral).

Normativa infrinxida: artigos 14 e 15 do Convenio colectivo de hostalaría da provincia da Coruña; artigos 4.2.f), 12.4, 29, 34.1, 35.5 e 38 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.

Tipificación: artigos 5 e 7.5 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, de acordo cos artigos 39.1, 39.2 e 40.1.b) do dito texto legal.

Data da resolución: 5.11.2013.

Resolución: a presunción de certeza que permitiría dar por certos os feitos comprobados, neste caso apréciase na acta de infracción omisión dun requisito exixido no artigo 14.1.e) do Real decreto 928/1998. Neste caso, a acta reflicte tres sancións independentes, pero non indica a contía proposta para cada unha, limitándose a sinalar o total, omisión que causa indefensión á empresa, polo que procede anular a acta de infracción contra a empresa Tortoni, S.L. por un erro material que poderá emendarse antes de que prescriban os feitos infractores.

– Expediente: RL 2013/485-1.

Acta Inf.: I152013000085626.

Empresa: Tortoni, S.L.

NIF: B15640154.

Enderezo: rúa Cabo Santiago Gómez 8, 15004 A Coruña.

Materia: obstrución (falta de colaboración co labor inspector).

Normativa infrinxida: artigos 5, 6.1, 8.3, 11.1, 14.1 e 14.2 da Lei 42/1997, do 14 de novembro, e artigo 15.2 do Real decreto 138/2000, do 4 de febreiro.

Tipificación: artigo 50.2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, de acordo cos artigos 39.1 e 39.2 do dito texto legal.

Data da resolución: 27.11.2013.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer á empresa: Tortoni, S.L. unha sanción por importe de mil douscentos cincuenta e un euros (1.251 €).

A Coruña, 3 de decembro de 2013

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña