Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 24 de decembro de 2013 Páx. 49793

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

EDICTO do 25 de novembro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se lle require documentación á beneficiaria dun procedemento xestionado nesta xefatura territorial.

Logo de ser devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día co requirimento de emenda ditado no procedemento instado pola persoa interesada, requírese a persoa citada no anexo para que no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da data de publicación deste edicto, achegue os documentos que se indican no anexo, de conformidade co disposto nos artigos 59, 61 e 76 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Boletín Oficial del Estado do 27 de novembro). A persoa citada poderá comparecer, persoalmente ou debidamente representada, na Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar da Coruña (rúa Salvador de Madariaga, nº 9, 1º).

A Coruña, 25 de novembro de 2013

Xefa territorial da Coruña
(Decreto 42/2013, do 21 de febreiro)

ANEXO

Apelidos e nome

NIE

Nº expte.

Concello

Documentación requirida

Efectos

Essemera, Mª Eugenia

X3249586P

11/2007

A Coruña

Revisión anual

Suspensión da pensión