Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 24 de decembro de 2013 Páx. 49770

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello da Laracha (expediente IN407A 2013/79).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 19, 1º D, 15004 A Coruña.

Denominación: recuamento no Cancelo.

Situación: concello da Laracha.

Características técnicas:

– Desmontaxe de tramo de LMT aérea en condutor tipo LA-30 que actualmente alimenta o CT reloxeiro (113 m), así como dos dous apoios de formigón (expediente 528/2005).

– Desmontaxe de tramo de liña subterránea de MT en condutor tipo RHZ1-OL-12/20 kV, entre urb. Cancelo II (expediente 528/2005) e o paso de subterráneo a aéreo.

– Desmontaxe de aparamenta de media e baixa tensión do CT reloxeiro, deixando unicamente a caseta de obra civil existente co fin de manter o equipamento de medida do cliente situado ao lado deste CT.

– Proxéctanse tres liñas de BT subterráneas do CT urb. O Cancelo II (expediente 528/2005) en condutores de tipo RV-0,6/1 kV, 4 (1×240 AL), cunha lonxitude de 623 m.

– Substitución de dous apoios de formigón existentes por outros novos de tipo HV-11/630 e tender dous vans de liña de BT aérea en condutores de tipo RZ-3×95/54,6 (lonxitude total de 74 m).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE núm. 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da referida instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Estas instalacións correspóndense a un recuamento por petición do dono do predio, e segundo establece o artigo 153 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro referente á «modificación da servidume a instancia do dono do predio servente»:

«Constituída a servidume de paso, o titular do predio servente poderá solicitar o cambio do trazado da liña se non existen para iso dificultades técnicas, serán pola súa conta os gastos de variación».

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 19 de novembro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña