Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 24 de decembro de 2013 Páx. 49772

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Monforte de Lemos (expediente IN407A 2013/39-2, 8123 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Granxa Caravés, S.C.

Domicilio social: Campelo, nº 8, parroquia de Caneda, 27415 Monforte de Lemos.

Denominación: liña de media tensión, centro de transformación e liña de baixa tensión Granxa Caravés.

Situación: concello de Monforte de Lemos.

Características técnicas:

LMTA a 20 kV con orixe nun apoio existente da LMTA MOF 8033943 A Pobra de Brollón-CH Loureiro 3 e final no CTI Granxa Caravés (proxectado), cunha lonxitude de 42 metros en condutor tipo LA-56.

CT intemperie sobre apoio de formigón, cunha potencia de 50 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

RBT con orixe no CT proxectado e final na CXP da parcela para electrificar en condutor tipo RV-95, cunha lonxitude de 15 metros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 19 de novembro de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo