Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: LMTS, CTC rúa Adelaida Muro-rúa Ramón del Cueto.
Situación: concello da Coruña.
Características técnicas:
– Liña eléctrica de media tensión subterránea, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,042 km, con orixe e final nos empalmes proxectados na LMTS EPU-705, tramo entre CT Adelaida Muro, 12 (expediente IN407A 259/2001) e CT rúa Sirena (expediente IN407A 93/1996), en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV-3(1×240) Al, unha vez entre e saía do centro de transformación proxectado.
– Centro de transformación subterráneo non prefabricado, cunha potencia de 630 kVA, e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
De acordo co establecido no Real decreto 222/2008, do 15 de febreiro, polo que se establece o réxime retributivo da actividade de distribución da enerxía eléctrica, as instalacións financiadas por terceiros non devindicarán retribución por investimento e non procederá a subscrición de convenio de resarcimento fronte a terceiros.
Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
A Coruña, 25 de novembro de 2013
Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña