Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 24 de decembro de 2013 Páx. 49775

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Castro de Rei (expediente IN407A 2013/42-2, 8126 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 1º, 27002 Lugo.

Denominación: LMTS a CS Xestur, parcela I.51.

Situación: concello de Castro de Rei.

Características técnicas:

– LMTS a 20 kV, con orixe no CTC 11275 Pol. Castro Riberas de Lea 4 e final no CS Xestur que vai instalar o solicitante para cesión á compañía distribuidora (non é obxecto deste proxecto), cunha lonxitude de 155 metros en condutor RHZ-150 mm.

– Desprazamento dun tramo da LMTS con orixe no CS Xestur que vai instalar o solicitante para cesión á compañía distribuidora (non é obxecto deste proxecto) e final na LMTA derivación a CTI (13016) Depuradora C. de Lea, cunha lonxitude de 131 metros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 27 de novembro de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo