Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 24 de decembro de 2013 Páx. 49768

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 29 de novembro de 2013, do Servizo de Mobilidade de Pontevedra, pola que se notifican as resolucións ditadas en varios expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expedientes PO-00925-O-2013 e PO-01344-O-2013).

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan as resolucións que o xefe territorial ditou nos expedientes sancionadores instruídos por infracción da normativa sobre transporte terrestre, porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Infórmaselles que contra a dita resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, o interesado deberá aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se facilitará no Servizo de Mobilidade.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Pontevedra, 29 de novembro de 2013

José Jorge Martínez Fernández
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

PO-00925-O-2013

7286-GJX

Garda Civil 3601 P64763G

Jorge Avelino Leis Porras

32826911T

A Zapateira Uxes, 23-2º

15690 Arteixo

(A Coruña)

Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de autorización sempre que esta se solicitase, acreditando o cumprimento de todos os requisitos exixidos para o seu outorgamento, no prazo máximo de 15 días, contados a partir da notificación do inicio do expediente sancionador.

9.2.2013; 2.52; N-550; 124,500

Art. 142.8 LOTT, Art. 199.8 ROTT

Art. 143.1.b LOTT, Art. 201.1.b ROTT

201 euros

PO-01344-O-2013

0258-FGN

Garda Civil 3603 A23980M

Silgomaran, S.L.

B36195030

O Pilar, 17

36700 Tui

(Pontevedra)

Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de autorización sempre que esta se solicitase, acreditando o cumprimento de todos os requisitos exixidos para o seu outorgamento, no prazo máximo de 15 días, contados a partir da notificación do inicio do expediente sancionador.

26.2.2013; 13.00; N550; 152,800

Art. 142.8 LOTT, Art. 199.8 ROTT

Art. 143.1.b LOTT, Art. 201.1.b ROTT

201 euros