Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 23 de decembro de 2013 Páx. 49476

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (848/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 848/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Basilio Manuel Gómez Manteiga contra a empresa Carrocerías Carober, S.L., con intervención do Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución din:

Sentenza.

A Coruña, 28 de novembro de 2013.

Vistos por Miguel Herrero Liaño, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2 da Coruña e o seu partido, estes autos de xuízo número 848/2011 seguidos por instancia de Basilio Manuel Gómez Manteiga, representado polo letrado Sr. Méndez Sanjurjo, fronte a Carrocerías Carober, S.L. e con intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial, que non comparecen, sobre reclamación de cantidade.

Resolvo:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo Basilio Manuel Gómez Manteiga fronte a Carrocerías Carober, S.L., con intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa demandada a que aboe ao demandante a cantidade de 3.167,72 euros.

Notifíquese esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Advírtase o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, de que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario por esa cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporala a este xulgado co anuncio do recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Carrocerías Carober, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de novembro de 2013

A secretaria xudicial