Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 23 de decembro de 2013 Páx. 49475

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (422/2013).

Nº de autos: procedemento despedimentos/cesamentos en xeral 422/2013.

Demandante: Rosa María Iglesias Lorenzo.

Demandados: Bogar Asistencia, S.L., Galicia Saudade, S.L., administración concursal de Galicia Saudade, S.L., Centro Clínico Ribadeo, S.L., Fogasa, Concello de Sada.

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber:

Que no Xulgado do Social número 1 da Coruña se ditou Resolución con data do 27 de novembro de 2013, dirixida a Galicia Saudade, S.L., contra a cal se poderá interpor o oportuno recurso de suplicación no prazo de tres días. Faise saber que no citado órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Galicia Saudade, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de novembro de 2013

A secretaria xudicial