Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 23 de decembro de 2013 Páx. 49478

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (838/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 838/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mónica Bao Jiménez contra a empresa Grupo Riotorto, S.L., con intervención do Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución din:

«Sentenza.

A Coruña, 28 de novembro de 2013.

Vistos por Miguel Herrero Liaño, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2 da Coruña e o seu partido, estes autos de xuízo 838/2011, seguidos por instancia de Mónica Bao Jiménez, representada pola letrada Sra. Gómez Lozano, fronte á entidade Grupo Riotorto, S.L. e con intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial, que non comparecen, sobre reclamación de cantidade.

Resolvo:

Que debo estimar e estimo a demanda interposta en materia de cantidade por Mónica Bao Jiménez fronte a Grupo Riotorto, S.L., con intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa demandada a que aboe á demandante a cantidade de 1.461,40 euros, que se incrementará co xuro moratorio do 10 % sinalado no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores.

Contra esta resolución non cabe interpor recurso de suplicación, conforme o disposto no artigo 191.2.g) da Lei reguladora da xurisdición social.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Grupo Riotorto, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de novembro de 2013

A secretaria xudicial