Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 20 de decembro de 2013 Páx. 49136

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (1003/2011).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1003/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos Riva Cabanas contra a empresa Torreiro y Candal, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Francisco Lago Doldán sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución:

«Resolvo:

Que, considerando parcialmente a demanda interposta por Carlos Riva Cabanas contra a empresa Torreiro y Candal, S.L. debo declarar e declaro o dereito do demandante a percibir a cantidade global de tres mil oitocentos trece euros con vinte e tres céntimos nos conceptos anteriormente referidos, e condeno a referida empresa ao aboamento da devandita cantidade.

Debo absolver e absolvo o codemandado Francisco Lago Doldán ao non ser alcanzado por responsabilidade ningunha nas pretensións do demandante. Así mesmo, debo de absolver e absolvo o Fogasa por non ser alcanzado por responsabilidade ningunha nesta instancia.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente-causa seus, ou que non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta no Banesto 0030.1846, a nome deste xulgado co número 1533.0000.36.1003.11 e demostralo mediante a presentación do comprobante do ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co número 1533.0000.60.1003.11 a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, ao momento de anuncialo.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza pola magistrada xuíza que a ditou, celebrando audiencia pública no día da data, do cal dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Torreiro e Candal, S.L. expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de novembro de 2013

O secretario xudicial