Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 20 de decembro de 2013 Páx. 49134

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (369/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 369/2011 deste xulgado do social, seguido a instancia de José María Pérez García contra a empresa Arquithecnic Galicia, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

«Xulgado do Social número 2 da Coruña.

(Unir á sentenza número 431/2013 do 18.7.2013).

Nº de autos: procedemento ordinario 369/2011-F.

Demandante: José María Pérez García.

Demandados: Arquithecnic Galicia, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Auto.

Maxistrado xuíz: Miguel Herrero Liaño.

A Coruña, 29 de novembro de 2013.

Antecedentes de feito:

Único. O día 22 de novembro de 2013, a parte demandante solicita a rectificación de erro material cometido no ditame da sentenza en relación coa cantidade obxecto de condena.

Fundamentos xurídicos:

Único. Ao abeiro do previsto no artigo 267.3 LOPX e 214.3 LAC, procede corrixir o erro material manifesto padecido pola sentenza ditada en autos, dado que, como se desprende directamente do seu propio contido, na transcrición da parte dispositiva se fai constar a cantidade de 3.817,77 euros, cando a correcta é de 4.721,65 euros.

Parte dispositiva.

Acórdase a rectificación de erro material manifesto padecido pola sentenza ditada en autos o 19.7.2013, de tal forma que a cantidade obxecto de condena debe entenderse que é a de 4.721,65 euros.

Notifíquese esta resolución ás partes advertindo que contra ela non cabe interpoñer recurso ningún distinto do recurso de suplicación que, se é o caso, se formule contra a sentenza.

O maxistrado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Arquithecnic Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de novembro de 2013

María Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial