Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 20 de decembro de 2013 Páx. 49194

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 3 de decembro de 2013 pola que se dá traslado da resolución do expediente de reposición legalidade urbanística IU2/28/2013, devolto polo servizo de Correos por resultar os interesados ausentes na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística o día 11 de novembro de 2013 ditou a resolución pola que se declara que as obras consistentes na instalación de dúas vivendas prefabricadas e a construción dun alpendre para usos residenciais no lugar de Pontes, parroquia de Noalla, no termo municipal de Sanxenxo, non son legalizables por seren incompatibles co ordenamento urbanístico, e se ordena a súa demolición no prazo de tres meses contados desde a notificación da presente resolución.

Ao non poderse realizar a notificación persoal da resolución a José Rivas Couceiro e María Iria Cuñarro Montes, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poden interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que teña lugar a publicación desta cédula, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exercen o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, poden interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira da Lei 29/1998, reguladora da Xurisdicción contencioso-administrativa.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística