Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 20 de decembro de 2013 Páx. 49196

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

CÉDULA do 9 de decembro de 2013 pola que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia das resolucións ditadas nos expedientes administrativos sancionadores (infracción moi grave) incoados por infracción da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia (LEG), por resultar descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque, intentada a notificación, non se puido practicar (expediente SANC/MG/36/10 e trece máis).

O Consello Reitor da Axencia Galega de Infraestruturas ditou resolución nos expedientes sancionadores instruídos por infracción da normativa reguladora en materia de estradas que se relacionan no anexo.

Nas devanditas resolucións dispúxose declarar a caducidade do expediente, ou ben o arquivamento, así como a posibilidade de incoación de expediente de restitución da legalidade segundo se especifica en cada un dos puntos e expedientes do devandito anexo. No caso de caducidade, a resolución incorpora ademais a orde de incoación dun novo expediente sancionador, directamente ou logo de determinación da existencia dos requisitos exixibles.

Intentada a notificación persoal destas resolucións, consonte establece o artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, non foi posible a súa práctica.

Por medio do presente anuncio, e segundo dispoñen os artigos 59.5 e 61 da devandita norma legal, emprázanse os interesados que se indican no anexo para seren notificados por comparecencia das resolucións cuxo contido se sinala. A comparecencia que poderán realizar os interesados deberá efectuarse no prazo de 10 días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo de Xestión Xurídico-Administrativa, da Axencia Galega de Infraestruturas, no Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela, ou tamén no Servizo da Delegación da Axencia na provincia correspondente.

Así mesmo, ponse no seu coñecemento, que a dita resolución esgota a vía administrativa, e que se pode interpoñer ben recurso de reposición ante o Consello Reitor da Axencia Galega de Infraestruturas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da circunscrición en que o demandante teña o seu domicilio, ou no de Santiago de Compostela. Os prazos de interposición de cada recurso serán, respectivamente, dun mes e dous meses computados desde o día seguinte ao do remate do prazo de dez días antes sinalado ou da comparecencia da persoa interesada, de ser o caso.

E para que conste e lles sirva de notificación ás persoas interesadas, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2013

Ethel María Vázquez Mourelle
Directora da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Expediente: SANC/MG/36/10 Ref. Bis: 257/11.

Denunciada: Restaurante Casa Simón.

Último enderezo coñecido: r/ Pepe Simón, Cangas.

Feito denunciado: incumprir obriga de reposición (cartel).

Data, estrada, p.q.: 4.8.2012; PO-315; p.q. 14+530.

Resolución: arquivamento e incoación de expediente de restitución.

Expediente: SANC/MG/1/12 Ref. Bis: S/20/11.

Denunciada: Onte Gentina, S.A.

Último enderezo coñecido: polígono industrial San Xulián da Veiga. Sarria.

Feito denunciado: colocación de carteis sen autorización.

Data, estrada, p.q.: 21.10.2011; LU-636; p.q. 3+630.

Resolución: caducidade e posibilidade de nova incoación.

Expediente: SANC/MG/2/12 Ref. Bis: 102/12.

Denunciada: Peregrina Fandiño Soage.

Último enderezo coñecido: Tirán, 36950 Moaña.

Feito denunciado: árbores sobre o dominio público.

Data, estrada, p.q.: 21.9.2011; PO-313; p.q. 12+900

Resolución: caducidade e posibilidade de nova incoación.

Expediente: SANC/MG/3/12 Ref. Bis: 248/11.

Denunciada: Taberna Asador El Caracol.

Último enderezo coñecido: O Peirao, 14, Covelo, Poio.

Feito denunciado: instalar carteis publicitarios.

Data, estrada, p.q.: 3.8.2011; PO-308; p.q. 8+200.

Resolución: caducidade e posibilidade de nova incoación.

Expediente: SANC/MG/4/12 Ref. Bis: 231/11.

Denunciada: Publiarousa, S.L.

Último enderezo coñecido: r/ López Ballesteros, 7, 6º, Vilagarcía de Arousa.

Feito denunciado: instalar módulos de publicidade.

Data, estrada, p.q.: 15.12.2010; PO-549; p.q. 9+460.

Resolución: caducidade e nova incoación.

Expediente: SANC/MG 5/12 Ref. Bis: 268/11.

Denunciada: Publiarousa, S.L.

Último enderezo coñecido: r/ López Ballesteros 7, 6º, Vilagarcía de Arousa.

Feito denunciado: non repoñer ao estado anterior instalación de carteis.

Data, estrada, p.q.: 11.1.2011; PO-550; p.q. 1+230/1+270.

Resolución: arquivamento e incoación de expediente de restitución.

Expediente: SANC/MG/6/12 Ref. Bis: 273/11.

Denunciado: Ángel Gómez Herbada.

Último enderezo coñecido: Federico Tapia, 11, A Coruña.

Feito denunciado: árbores sobre o dominio público.

Data, estrada, p.q.: 8.9.2011; PO-551; p.q. 2+450.

Resolución: caducidade e posibilidade de nova incoación.

Expediente: SANC/MG/11/12 Ref. Bis: 2/12.

Denunciada: Promociones Severino Estévez Comesaña, S.L.

Último enderezo coñecido: Zamora, 81, Vigo.

Feito denunciado: construír cerramento na zona de dominio público.

Data, estrada, p.q.: 24.11.2011; PO-552; p.q. 3+000.

Resolución: caducidade e nova incoación.

Expediente: SANC/MG/12/12 Ref. Bis: 3/12.

Denunciada: Construcciones y Promociones Malayo, S.L.

Último enderezo coñecido: Sorrego, 6, Vigo.

Feito denunciado: construír cerramento sen autorización.

Data, estrada, p.q.: 25.11.2012; PO-341; p.q. 3+630.

Resolución: caducidade e nova incoación.

Expediente: SANC/MG/17/12 Ref. Bis: 20/12.

Denunciada: Malteca Alxén.

Último enderezo coñecido: Alxén, Toucedo, Salvaterra de Miño.

Feito denunciado: cartel publicitario.

Data, estrada, p.q.: 7.12.2011; PO-331; p.q. 2+040.

Resolución: caducidade e nova incoación.

Expediente: SANC/MG/22/12 Ref. Bis: 50/12.

Denunciada: Carmen González Pousada.

Último enderezo coñecido: Dr. Ulloa, Marín.

Feito denunciado: árbores sobre a estrada.

Data, estrada, p.q.: 2.2.2012; PO-551; p.q. 2+700.

Resolución: caducidade e posibilidade de nova incoación.

Expediente: SANC/MG/23/12 Ref. Bis: 42/12.

Denunciada: Sodagard.

Último enderezo coñecido: Juan Bautista Andrade, 84, Pontevedra.

Feito denunciado: árbores sobre a estrada.

Data, estrada, p.q.: 1.1.2012; PO-353; p.q. 5+180.

Resolución: caducidade e posibilidade de nova incoación.

Expediente: SANC/MG/24/12 Ref. Bis: 77/12.

Denunciado: Comunidad de Montes de Santa María de Alba.

Último enderezo coñecido: Alba, Pontevedra.

Feito denunciado: árbores sobre a estrada.

Data, estrada, p.q.: 7.3.2012; PO-310; p.q. 1+700.

Resolución: caducidade e posibilidade de nova incoación.

Expediente: SANC/MG/27/12 Ref. Bis: 12/31.

Denunciada: Maderas Costiña, S.L.

Último enderezo coñecido: Rego das Cunchas, Noia.

Feito denunciado: depositar madeira sen autorización.

Data, estrada, p.q.: 17.4.2012; PO-240; p.q. 2+200.

Resolución: caducidade e posibilidade de nova incoación.